Probando material

Estou facendo probas de material para un novo proxecto.

Polas redes me chegou a oportunidade de probar un cadro de Saaldigital, xa que fan un desconto de 50€ por lle facer un comentario do resultado.

Eu estou a buscar un resultado de alta calidade para expoñer en galerías de arte e vender a obra como tal.

Esta é miña opinión. O cadro a primeira vista esta ben, a reprodución da cor é un pouco mais apagada que o orixinal (fixen todas as correccións de cor antes de enviala, utilizando o seu perfil).

Cando te empezas a fixar nos detalles te das conta que pasa como copia doméstica pero que non se pode utilizar para venta de arte.

saal_01

Non sei como está impresa, pero me da a sensación que en vinilo con un recubrimento plástico branco. Os laterais non están pulidos e a calidade da impresión non é a mellor, vese o punto no degradado en sombra.  Teño feita esa mesma imaxe a tamaño superior con moita mellor calidade.

saal_02

Polo tanto diría que non está mal para uso doméstico (creo que se pode atopar a mellor prezo en outros sitios), pero non a recomendaría para traballo de artista.

Leave a Comment